Calidade, Medioambiente, Prevención, I+D+I
EXTERNALIZACIÓN DO MANTEMENTO DE SISTEMAS DE XESTIÓN DA CALIDADE, MEDIO, PREVENCIÓN DE RISCOS E I D I
O mundo da xestión empresarial esixe flexibilidade e capacidade de adaptación e mellora continua ante os cambios da contorna.
Externalizar aquelas actividades que non son críticas para a organización, permite a especialización no núcleo de actividade, a mellora da competitividade e a creación de alianzas estratéxicas con provedores especializados.
EXTERNALIA realiza por conta dos seus clientes o mantemento dos seus sistemas de xestión, tanto nas áreas da calidade, o medio ambiente, a prevención de riscos, I D I, como noutro tipo de servizos. Deste xeito, as empresas:
- Liberan recursos monetarios e humanos para concentrarse nas tarefas produtivas e de valor engadido.
- Obteñen unha xestión competitiva dos seus procesos.
- Reducen significativamente os custos, garantindo manter o Certificado, ademais de coñecer o seu custo real.
- Acceden ao "know-how" da nosa organización.
- Asegúranse a actualización e validez dos seus sistemas de xestión.
Xa que logo, estes labores de Outsourcing levan consigo uns maiores niveis de eficacia nos traballos realizados ao ser levados a cabo por unha entidade experimentada na materia e con persoal formado especificamente para iso.
O servizo de outsourcing está adaptado ás necesidades de cada organización, podendo incluír, entre outros, os seguintes elementos:
- Realización de Auditorías Internas.
- Mantemento da Documentación do Sistema.
- Asesoría para a realización das Revisións do Sistema e Planificación Anual.
- Dotación de persoal externo para realización de funcións do Director do Sistema.
- Asistencia presencial durante as Auditorías de Certificación.





