Outsourcing
O outsourcing posibilita ás compañías centrarse no seu negocio e deixar que empresas externas especializadas desenvolvan actividades non principais para unha organización (a xestión da calidade, procesos e custos, as Novas Tecnoloxías e Internet, recursos humanos, estratexia, etc.).
Deste xeito, as empresas poden centrarse no que mellor saben facer , centrando xa que logo a súa atención e os seus recursos. As actividades que pasan a desenvolver empresas externas son aquelas que non son estratéxicas para o seu negocio e non se teñen especiais capacidades nelas. A especialización nunha determinada actividade levará a mellores resultados con menores custos.
Xa que logo, estes labores de Outsourcing levan consigo uns maiores niveis de eficacia nos traballos realizados ao ser levados a cabo por unha entidade experimentada na materia e con persoal formado especificamente para iso.
Debido á falta de persoal cualificado, en moitas ocasións desenvólvense solucións internamente que acaban sendo máis caras e menos profesionais que se se tivesen externalizado todo o seu desenvolvemento e mantemento.
Non se ha de pensar que o outsourcing está soamente relacionado coas grandes empresas. As empresas medianas e pequenas emprégano. É habitual nas Pemes desenvolver externamente a área fiscal-laboral-xurídica, loxística, formación, etc.
Pero ás Pemes failles falta dar ese salto a áreas máis grandes e importantes da organización, analizando a rendibilidade e interese de desenvolver interna ou externamente cada unha das súas actividades da empresa: fabricación, distribución, xestión de recursos humanos, xestión de almacéns, Novas Tecnoloxías e Internet, etc.
Actividades- 1 PROCESOS
- 2 BENEFICIOS
- 3 SERVIZOS





